Cargando resultados...
Coa chegada do Día de Defuntos aumenta a demanda de flores e a limpeza de nichos
Coa chegada do Día de Defuntos aumenta a demanda de flores e a limpeza de nichos
Unha florería lucense ofrece entre os seus servizos a limpeza e decoración de sepulturas
O cliente elixe entre un catálogo de centros e as datas en que quere que as leven ao cemiterio
G24.gal
29/10/2023 09:18
Con esta chuvia a limpeza da sepultura dura pouco, pero a lembranza polos finados é para sempre. Un centro de flores é a oferta máis básica que teñen nesta floristería lucense.
Ocúpanse tanto da limpeza como da ornamentación da sepultura e adáptanse ás datas que cada persoa lles marca.
Nos días previos a defuntos é cando máis traballo hai, porque cada vez son máis as persoas que non se poden achegar ao cemiterio ou non lle poden dedicar o tempo requerido. Servizos coma este garantan unha mínima atención a aqueles que xa non están con nós.