Cargando resultados...
Comerciantes e hoteleiros fan un balance moi positivo da Semana Santa ferrolá
Comerciantes e hoteleiros fan un balance moi positivo da Semana Santa ferrolá
As procesións foron un dos principais atractivos para os milleiros de turistas
G24.gal
18/04/2022 14:04
A Semana Santa de Ferrol, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, volveu encher as rúas da cidade.
As procesións foron un dos principais atractivos para os milleiros de turistas. Atopar un sitio nun local de hostalería era case misión imposible.
Balance positivo fan tamén os comerciantes. Algúns mesmo contan que tiveron ringleiras de clientes ás portas dos seus negocios. Milleiros de turistas que encheron tamén os hoteis da cidade.
Agora, todos eles din que recuperaron o que lles arrincou a pandemia desde o 2019. E confían en repetir as cifras o ano vindeiro.