Cargando resultados...
Comeza a campaña da centola na provincia de Lugo
Comeza a campaña da centola na provincia de Lugo
As capturas están limitadas a 35 quilos por barco e día e por cada tripulante a bordo
G24.gal
27/11/2022 19:57
Última actualización 27/11/2022 20:19
Ábrese a veda da centola na provincia de Lugo. Xa se pode recoller en todo o litoral galego, logo de que a campaña se abra esta mesma noite na zona comprendida desde Estaca de Bares e o río Eo.
Coma no resto de lugares, a captura está limitada a 35 quilos por barco e día máis outros 35 quilos por cada tripulante a bordo. Desde este luns xa se poderán ver centolas lucenses na lonxa.