Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña do polbo, que busca repetir resultados da temporada pasada

Comeza a campaña do polbo, que busca repetir resultados da temporada pasada

Este luns á tarde poxaranse nas lonxas os primeiros exemplares da campaña

G24.gal 04/07/2022 13:14

Rematou a veda do polbo, así que, este luns á tarde a poxa do cefalópodo regresará ás lonxas galegas. Será o momento de sabermos como comeza esta campaña. 

Queda xa moi pouco para o esperadísimo regreso dun dos reis da gastronomía galega, como demostran as ausencias, máis que notables, por exemplo, no porto de Bueu, cuxa frota polbeira partiu esta mañanciña coa esperanza de, polo menos, reeditar os éxitos da campaña pasada, en que se dobraron as capturas e a facturación.

As lonxas galegas facturaron na temporada pasada case vinte millóns de euros pola venda de algo máis de dous millóns de quilos de polbo. Na campaña que transcorreu entre xullo de 2020 e a primavera de 2021 as cifras representaran menos da metade. A ver como se comporta a que agora comeza. 

A frota polbeira volve saír ao mar logo dunha veda de mes e medio que ten especial incidencia nos peiraos de referencia nesta especie, isto é, Ribeira e Bueu.

A campaña extractiva prolongarase ata a primeira metade do ano 23. Ata o 31 de agosto a cota é de 30 kg diarios por tripulante e embarcación ata un máximo de 210. Despois o límite sobe ata os 350 kg diarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade