Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a retirada da duna de Riazor

Comeza a retirada da duna de Riazor

As máquinas desfán o escudo que protexe o paseo dos temporais 

A imaxe marca o inicio da temporada de praias, pero o tempo non acompaña

 

 

G24.gal 14/05/2024 15:06

Conta atrás para volver estirar as toallas na praia de Riazor. Chegou o momento de desfacer a duna e aplanar o terreo para os bañistas.

"Os coruñeses asociamos a imaxe co verán, pero este ano non acompaña o tempo".

"Coincidiu mal esta semana, pero o verán xa está máis preto".

"Non creo que veñan temporais moi fortes xa, paréceme ben que vaian preparando".

O escudo de area que protexeu o paseo da furia dos temporais cae aos pés das máquinas despois dun inverno duro.

"Creo recordar que tiveron que refacela dous veces este ano".

"Un día rompeu co mar e chegou a auga ata a estrada".

"Aguantou ben, outros invernos foron peores".

Hai ganas de volver pisar a area, pero o tempo non acompaña, nin na terra nin no mar. No litoral coruñés e tamén na Mariña hai activado un aviso amarelo por ondas de ata catro metros. E a chuvia e o frío non remitirán ata o sábado.

"Non hai que confiarse coa primavera, chove e hai que abrigarse".

"Eu teño gana de praia xa, estou farto do inverno".

Está previsto que a duna desapareza por completo en xuño. Quizais entón poidamos quitar o saio e cambiar os paraugas por parasois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade