Sanxenxo despide agosto con menos xente nas praias e moito movemento nos hoteis
Sanxenxo despide agosto con menos xente nas praias e moito movemento nos hoteis
Sanxenxo liderou a ocupación hoteleira en Galicia en agosto, con 235.000 noites de hotel
As vacacións de agosto chegan á súa fin. Esta mañá comezaba o camiño de volta á casa, que non todos collen de boa gana.
"Estamos aquí encantados, non hai ganas de volver, pero é o que toca: o luns a traballar".
"Eu quedaba máis tempo, nós gustamos disto".
"Temos que ir para a casa porque temos que traballar, pero adoramos vir a aquí".
En Sanxenxo agosto remata cun tempo non moi propicio para gozar da praia, pero o importante é aproveitar como sexa as últimas horas de descanso.
"Aproveitando todo o que podemos. Pódese pasear por aquí, ademais hoxe hai menos xente, estase moi ben".
Ao coincidir o primeiro de setembro en domingo, hai quen preferiu atrasar a volta ata mañá.
"Estamos a aproveitar os últimos días. Volvemos mañá".
"Eu desde logo non teño problema en volver. Non me crea depresión nin trauma".
"Sempre custa un pouco máis, pero volves coas pilas cargadas".
Sanxenxo volveu liderar a ocupación hoteleira en Galicia no mes de agosto, con 235.000 pernoitas.