Cargando resultados...
Comeza a veda do polbo en Galicia, que se estenderá ata o 3 xullo
Comeza a veda do polbo en Galicia, que se estenderá ata o 3 xullo
Queda expresamente prohibida a extracción da especie, incluída a pesca marítima de recreo
G24.gal
19/05/2023 14:13
Comeza a veda do polbo en Galicia e este venres atopamos nos mercados os últimos exemplares frescos.Os vendedores aseguran que neste último día houbo pouco pero, malia isto, din que o prezo non se alterou. O quilo roza os dezaoito euros.
E como xa non atoparemos exemplares galegos ata o próximo 3 de xullo, uns foron previsores e xa mercaron estes días para telo conxelado. Outros, pensárono ata o último momento.
Durante as próximas seis semanas nin profesionais nin recreativos poderán extraer polbos das augas galegas.