Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a nova campaña de controis de velocidade da DXT

Comeza a nova campaña de controis de velocidade da DXT

A asociación de persoas con lesións medulares colabora con Tráfico para concienciar os condutores das consecuencias de non respectar os límites

Estenderase ata o próximo domingo 21 de xullo

G24.gal 15/07/2024 16:52 Última actualización 15/07/2024 17:40

Comeza este luns unha nova campaña da DXT de control de velocidade que se prolongará ata o próximo domingo. Farase en todo tipo de vías e de horarios. Como noutras ocasións contará coa colaboración de voluntarios da asociación de lesionados medulares, que explicarán a súa dura experiencia vital.

Francisco tiña 23 anos cando un accidente o deixou en cadeira de rodas. Agora 37 anos despois participa na campaña de control de velocidade que hoxe inicia a DXT. Xa non é a primeira vez que Aspaym, a asociación de persoas con lesións medulares, colabora con Tráfico tentando concienciar os condutores das consecuencias de non respectar os límites de velocidade.

O exceso de velocidade está presente en máis dun 20 por cento dos accidentes con mortos e en Galicia especialmente é un factor moi significativo nos atropelos. Esta campaña de control de velocidade levarase a cabo en todo tipo de vías e horarios e prolongarase ata o próximo domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade