Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o desentullo do edificio de Vigo no que faleceu un bombeiro o sábado

Comeza o desentullo do edificio de Vigo no que faleceu un bombeiro o sábado

Os donos terán que asumir as responsabilidades e acometer medidas para garantir a seguridade

G24.gal 28/05/2024 16:23

O Concello de Vigo comezou este martes cos labores de desentullo nos restos do inmoble de Beiramar que se esborrallou parcialmente o sábado causando a morte ao bombeiro Sergio Salnés.

Os operarios actuaron para retirar os elementos que poderían desprenderse e danar a persoas e outras construcións lindeiras.

Ademais, as tarefas inclúen a limpeza dun canellón para que se poida acceder ás instalacións dunha empresa.

O luns, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, informou da actuación, da que a administración local deu traslado ao xulgado que investiga o sinistro.

A edil asegurou que o inmoble non contaba con expedientes abertos en Urbanismo, polo que non recibiran ningún aviso de incidencia ou de problemas de seguridade.

Tras a actuación urxente por parte do Concello, serán os propietarios os que deban asumir as responsabilidades que lles correspondan e acometer as medidas adecuadas para garantir a seguridade que establezan os técnicos de Urbanismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade