Os peores derrubamentos en España
Os peores derrubamentos en España
Edificios en mal estado, obras ou explosións de gas
Foi en 1992 cando seis operarios que remodelaban o Hotel Bahía de Santander faleceron ao derrubarse parcialmente o edificio. Un ano despois 6 persoas falecían ao caer a marquesiña do cine Bilbao de Madrid.
No ano 2007 nove persoas faleceron nun edificio de Palencia, que se derrubou debido a unha explosión de gas. Esta mesma causa estivo detrás da morte en 2008 de seis persoas en Gavá, en Barcelona.
Mallorca foi tamén o escenario en 2009 doutra importante derruba nun edificio de catro andares. Rexistráranse daquela sete vítimas mortais.
Dous terremotos e as súas réplicas estiveron detrás dos derrubamentos de Lorca, en Murcia, que deixaron en 2011 nove falecidos e máis de 300 feridos.
O último gran derrubamento rexistrouse en Arona, en Tenerife, en 2016. Faleceron 7 persoas ao derrubarse un edificio de cinco andares na zona turística dos Cristianos.
Na nosa historia máis recente están, entre outros, os derrubamentos que en 2021 deixaron tres mortos en Madrid por unha explosión de gas e dous falecidos en Peñíscola cando caeu un edificio de tres andares. O pasado ano dous traballadores perderon a vida nun derrubamento rexistrado na azotea dun colexio de Xixón.