Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primavera comeza oficialmente, e faino co tempo típico da estación

A primavera comeza oficialmente, e faino co tempo típico da estación

O equinoccio de marzo marca o cambio de estación

As primeiras semanas serán de tempo cambiante

G24.gal 20/03/2023 14:48

Este luns chega o equinoccio de primavera, cando temos as mesmas horas de día e de noite. É o que marca o cambio de estación: deixamos atrás un inverno que foi húmido pero tamén cálido, e inauguramos a primavera con tempo seco e temperaturas agradables.

Pero xa se aveciñan frontes que traen auga, así que teremos o tempo máis típico desta estación. "Un tempo bastante cambiante", di Alberto Romero dende Meteogalicia.

"Podemos ter días de precipitacións intensas e días de ceo despexado, temperaturas case de verán ou treboadas", asegura.

Ata que a primavera avance -explica- a loita entre o anticiclón e as borrascas motiva esas variacións do tempo. A mediados desta semana chegará a primeira desas frontes que se esperan neste inicio da primavera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos