Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo xuízo contra Rodrigo Rato por incremento ilícito do seu patrimonio

Novo xuízo contra Rodrigo Rato por incremento ilícito do seu patrimonio

Anticorrupción solicita máis de 70 anos de cárcere 

G24.gal 15/12/2023 11:52

Rodrigo Rato, que fora vicepresidente no goberno de Aznar e máximo responsable do Fondo Monetario Internacional, volve sentar no banco dos acusados. Por terceira vez.

É sospeitoso de máis de 15 presuntos delitos relacionados co incremento ilegal do seu patrimonio.  Calculan que defraudou a Facenda máis de 8 millóns de euros a través de diversas sociedades e contas bancarias nas Bahamas, Suíza, Mónaco, Luxemburgo e o Reino Unido, entre outros lugares. 

O xuízo comezou hoxe, coas cuestións previas, e prolongarase ata finais de maio. 

Rato xa fora condenado pola Audiencia Nacional en 2018 a catro anos e medio de cárcere polo caso das tarxetas black de Caja Madrid, e estivo na prisión madrileña de Soto del Real.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade