Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza unha nova edición da campaña 'Instagramers no Camiño'

Comeza unha nova edición da campaña 'Instagramers no Camiño'

Seis 'influencers' galegos percorrerán os últimos quilómetros da Vía da Prata para promovela en redes sociais

Acto de presentación da campaña 'Instagramers no Camiño'
G24.gal 29/03/2022 15:11

Seis influencers galegos ultiman os preparativos para sumarse á segunda edición da campaña 'Instagramers no Camiño'.

Natalia Maquieira, Tamara García Romero, Xurxo Carreño, a actriz Cristina Castaño, e os cantantes Roi Méndez e Luís Cepeda completarán os últimos cen quilómetros da Vía da Prata. Dividirán en cinco etapas o percorrido entre Ourense e Santiago. 

Xuntos suman case catro millóns de seguidores en Instagram, a rede social en que van compartir as súas vivencias nestes días. Farano cos cancelos #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia. 

É unha campaña da Xunta para promover o Xacobeo, agora que se inicia a tempada alta. Calculan que a anterior edición de Instagramers no Camiño sumou 13 millóns de impactos en redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar