Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as negociacións sobre o plus aos médicos que traballen na pública e na privada

Comezan as negociacións sobre o plus aos médicos que traballen na pública e na privada

O plus supón uns 900 euros brutos mensuais, que agora só cobran os facultativos que están en exclusiva no sector público

O Sergas reúnese hoxe coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos O Sergas reúnese hoxe coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos
G24.gal 05/06/2023 12:47

O Sergas iniciou hoxe as reunións para negociar o aboamento do complemento específico aos médicos que traballan na sanidade pública e na privada. 

A Consellería de Sanidade comprometérase cos colexios médicos e cos sindicatos a negociar antes de xullo esta vella demanda que motivou a folga no mes de abril. O plus supón uns 900 euros brutos mensuais, que agora só cobran os facultativos que están en exclusiva no sector público. Tras a negociación, os médicos que traballan nos dous sectores percibirán alomenos 720 euros. 

Hoxe, o encontro foi co sindicato que convocara a folga, a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM). Tamén se negociará a forma de retribuír as gardas localizadas. O mércores, os responsables sanitarios reúnense con outro sindicato médico de Galicia, O'Mega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade