Comezan as reunións para planificar os controis para evitar que entre uva foránea nas denominacións de orixe ourensás

Lévanse estritos controis tanto nas adegas como nas estradas, sobre todo nas fronteiras
En pouco máis dun mes prevese que comecen a vendimar os máis madrugadores. Para evitar que entre uva foránea nas denominacións de orixe galegas lévanse estritos controis tanto nas estradas, sobre todo nas fronteiras, como nas adegas. Na provincia de Ourense xa comezaron hoxe a organizar este dispositivo entre as admistracións, as forzas de seguridade e os consellos reguladores.
A razón de ser dunha denominación de orixe é garantir a calidade dun produto ligado a un territorio, é por isto que a entrada de uva foránea supón unha fraude.
A coordinación entre as administracións e as forzas de seguridade é fundamental para evitar que entre uva de fóra ás denominacións de orixe galegas que contan ademais cos seus propios mecanismos de control e verificación.
Este ano a reunión para planificar o dispositivo en Ourense, que conta con 4 das 5 denominacións de orixe de viño galegas, adiantouse para ter todo listo por se a vendima chega antes.
Con este tempo inestable, os viticultores non poden prever cando comezarán a apañar as primeiras uvas, pero en pouco máis dun mes poderían vendimar os máis madrugadores.