Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan os traballos de limpeza da vexetación na Muralla de Lugo

Comezan os traballos de limpeza da vexetación na Muralla de Lugo

O monumento quedará libre de herbas sen interferir na nidificación duns 4.000 cirrios

Félix Aragunde 10/04/2024 19:49 Última actualización 10/04/2024 20:20

A partir da segunda quincena de abril, Lugo acolle unha das maiores colonias de cirrios de toda a Península. Estas aves migratorias, protexidas pola lexislación europea, adoitan nidificar na parte intermedia do exterior da muralla romana.

Para que a vexetación non afecte os seus niños, a Xunta vén de iniciar a limpeza do monumento, do que é titular. Os traballos consisten na retirada das herbas que proliferan entre as pedras.

Coa axuda dun brazo mecánico, a vexetación retírase de forma manual das paredes exteriores da muralla. E cando hai que extraer as herbas dos paramentos interiores do monumento, por norma tamén se fai coa supervisión dun biólogo.

Ignacio López de Rego, arquitecto encargado da conservación da Muralla de Lugo: "Faise todos os anos a partir dun proxecto de conservación cun apartado a cargo de biólogos en que se protexe a fauna e se vixía a flora".

Durante os meses vindeiros, uns 4.000 cirrios ocuparán o ceo de Lugo e animarán o centro da cidade cos seus continuos chíos.

Trátase da ave máis rápida do mundo en voo horizontal, que pasa o inverno no sur de África e que acode ao noso país na época de cría tras percorrer uns 10.000 quilómetros.

Ignacio López de Rego, arquitecto encargado da conservación da Muralla de Lugo: "Agora estamos traballando á espera de que veñan os cirrios. Cando o biólogo nos diga que xa se detectaron en Xibraltar, ese mesmo día paramos a actividade para que aniñen sen problema".

Prevese que os labores de limpeza da vexetación rematen no adarve da muralla, onde xa non interferirán coa presenza das aves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade