Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezou a segunda fase das obras na rúa San Andrés da Coruña

Comezou a segunda fase das obras na rúa San Andrés da Coruña

Foi hoxe un día complicado para a mobilidade na Coruña polo corte á circulación dunha das principais vías do centro, a rúa San Andrés

As obras van durar 12 meses

G24.gal 03/04/2024 14:09

Despois dos traballos topográficos comenzan as obras de reurbanización da rúa de Santo Andrés. Primeiro día en que se corta esta arteria. Entre Santa Catalina e Sol péchase totalmente o tráfico rodado en ambos sentidos. Só se poderá acceder aos garaxes e os peóns só poden circular pola beirarrúa. Delimitaranse espazos para a carga e descarga nas rúas próximas.

Obras que van durar varios meses e o fin é humanizala cunha plantación de 80 moreiras, como as que había hai máis dun século dinamizando as tendas e establecementos de San Andrés.

O paseo marítimo e a avenida do Porto son as alternativas para os vehículos que antes circulaban por San Andrés.

A reordenación de tráfico afecta non só aos vehículos particulares, tamén obriga a cambios nos percorridos dos autobuses. 

As obras van para moitos meses e cómpre aprender as novas rutas e alternativas. Para algúns toca armarse de paciencia. "Eu vivo na Torre e xa nos están pechando en Montealto, dentro de pouco imos ter que comprar unhas pateiras para poder entrar en barco por detrás da Torre". "A Coruña é unha península, isto é moi estreito e vai ser unha loucura".

O proxecto é transformar San Andrés nun bulevar incrementando o espazo para peóns, cun carril por dirección e sen prazas de estacionamento. "Ao principio vai ser complicado coma pasou nas obras da Mariña, pero a min encántame o proxecto".

Un dos obxectivos é que San Andrés recupere o atractivo comercial que tivo hai décadas. "Penso que rehabilitar esta zona vai ser unha boa cousa".

As obras van durar un ano. O proxecto conta cun presuposto de tres millóns de euros. En agosto está previsto activar unha nova fase, que aínda vai restrinxir máis o tráfico rodado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade