Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortes de tráfico pola rehabilitación da ponte de Pontedeume a partir do martes

Cortes de tráfico pola rehabilitación da ponte de Pontedeume a partir do martes

Estará habilitado unha circulación alternativa regulada con semáforos ou con persoal de sinalización

O Goberno central prevé que o corte do carril perdure ata o próximo 15 de marzo agás as fins de semana, cando se restablecerá o tránsito normal

G24.gal 27/02/2024 17:23

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anunciou este luns restricións ao tráfico desde o martes polas obras de rehabilitación da ponte de Pontedeume que permite o acceso á estrada N-651, que une Ferrol e Betanzos.

A actuación, en execución por máis de 6,7 millóns de euros, obrigará a cortar un dos carrís do viaduto desde as 8:00 horas deste martes. Durante este tempo estará habilitado unha circulación alternativa regulada con semáforos ou persoal de sinalización.

O Goberno central prevé que o corte do carril se estenda ata o próximo 15 de marzo agás as fins de semana que se "restablecerá o tránsito normal pola ponte ".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade