Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen prazos para as melloras previstas polo Goberno para mellorar a Nacional 640

Sen prazos para as melloras previstas polo Goberno para mellorar a Nacional 640

O arranxo da ponte do Miño en Meira é unha das melloras que levan agardando sete anos
G24.gal 26/12/2023 14:32

En Meira, veciños e condutores levan sete anos agardando a prometida ampliación desta estreita ponte sobre o río Miño, que figuraba xa nos orzamentos do Estado en 2016. Meira é unha das vilas que atravesa a nacional 640, unha vía que cruza Galicia desde A Mariña ata Vilagarcía.

Os condutores quéixanse do mal estado do firme nalgunhas zonas da provincia de Lugo. Algúns botan en falta tamén máis medidas de seguridade para evitar desprendementos, como o que obrigou a cortar o tráfico hai uns días preto da Pontenova.

O Goberno central prevé melloras nalgúns treitos da provincia de Pontevedra, pero en resposta a unha iniciativa do BNG descartou tomar medidas urxentes para mellorar o firme ou reforzar a seguridade viaria en lugares como A Pontenova, Monterroso e Antas de Ulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade