Publicador de contidos
Publicador de contidos

Indignación veciñal en Ferrol polo atraso das obras da avenida das Pías

Indignación veciñal en Ferrol polo atraso das obras da avenida das Pías

Demandan máis seguridade e máis información para que aos veciños lles afecte o menos posible

G24.gal 28/02/2024 14:08

Indignación entre os veciños de Ferrol pola lentitude coa que avanzan as obras da avenida das Pías, un dos principais accesos á cidade. 

Ángel Fernández, veciño da rúa Santa Comba, asegura que sente vergoña polo estado das obras, di que levan coas obras seis meses e que hai días en que só hai dous obreiros. Asegura que é unha vergoña que se faga isto na entrada da sétima cidade de Galicia.

Pilar Rodríguez, presidenta da asociación de veciños de Caranza, di que este xoves tería que estar rematada a rúa Marqués de Santa Cruz e aínda seguen en obras. Tamén demandan máis seguridade e máis información para que aos veciños lles afecte o menos posible.

Á lentitude das obras hai que engadir os inconvenientes que estas están a ocasionar aos veciños e a deficiente sinalización que hai nalgunhas zonas.

Pilar Rodríguez, presidenta da asociación de veciños de Caranza, di que ao non haber sinalización os coches metíanse nunha rúa que so daba acceso a garaxes, o que provocou un gran caos. 

Jesús Sánchez, veciño afectado polas obras, di que un coche case quedou enterrado no lodo cando intentaba acceder ao seu garaxe.

O Ministerio de Transportes comprometeuse a finalizar a obra antes de que remate o ano. Os veciños aseguran que a este ritmo é inviable cumprir os prazos previstos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade