Comisados 34 quilos de percebe na costa de Ferrol
Comisados 34 quilos de percebe na costa de Ferrol
Os 34 quilos de percebe foron entregados ao Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol
O servizo de protección da natureza da Garda Civil e o Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 34 quilos de percebes no Pieiro, na costa de Ferrol.
Nun servizo de prevención do marisqueo, efectivos de ambos os corpos observaron varias persoas mariscando na zona.
Finalizada a extracción e xa en terra, na zona do litoral, os efectivos deron o alto ao vehículo en que estaba a ser transportada a mercadoría e acharon no seu interior 34 quilos de percebe capturado de forma ilegal.
A Garda Civil procedeu a denunciar os infractores e ao comiso dos 34 quilos de percebe, que foron entregados ao Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol.