Cargando resultados...
Comisados 5.183 quilos de sardiña en Camariñas
Comisados 5.183 quilos de sardiña en Camariñas
Todo o peixe aprehendido carecía de documentación de procedencia
A Garda Civil incautouse deles en dúas furgonetas e na lonxa
G24.gal
19/10/2022 09:04
Comisados máis de cinco mil quilos de sardiña en Camariñas. O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil presenciou no porto a descarga de oito palés con 44 caixas dun pesqueiro.
Catro dos palés metéronos nunha furgoneta, outros tres noutra e o oitavo nun departamento de usuarios da lonxa.
Tras facer seguimento e rexistros, os axentes constataron que toda a sardiña aprehendida carecía de documentación con datos de procedencia. A Garda Civil incantouse de toda e abriu as actas de denuncia. A sardiña foi entregada ao Banco de Alimentos das Rías Altas.