Comisan en Huelva 12 toneladas de haxix e seis lanchas de narcos
Comisan en Huelva 12 toneladas de haxix e seis lanchas de narcos
Tres das embarcacións semirríxidas contaban con catro motores cada unha
Os axentes detiveron na operación sete persoas
A presión policial no Campo de Xibraltar está a mover os traficantes cara a costas como a onubense
A Garda Civil requisou seis embarcacións, tres delas provistas de catro motores cada unha, e un total de 293 fardos de haxix, cun peso total de 11.400 quilos, fronte á costa de Huelva. O operativo saldouse, ademais, con sete persoas detidas.
As intervencións realizáronas axentes do Servizo Marítimo de Huelva que sorprenderon aos ocupantes das embarcacións semirrígidas navegando próximas á costa e emprenderon a súa fuxida a gran velocidade, aínda que foron interceptadas posteriormente polos axentes.
Os ocupantes das embarcacións lanzaron os fardos ao mar, aínda que posteriormente foron recuperados polos axentes da Garda Civil. Estas actuacións enmárcanse dentro dos servizos ordinarios que desenvolven as unidades da Garda Civil para loitar contra as organizacións dedicadas ao narcotráfico.
A presión que realizan as unidades operativas da Garda Civil e da Policía Nacional no Campo de Xibraltar está a mover aos narcotraficantes a costas como a onubense.