Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan na costa de Tenerife case 1.700 quilos de haxix

Comisan na costa de Tenerife case 1.700 quilos de haxix

A droga estaba en 46 fardos nunha lancha interceptada a 15 millas da illa

A colaboración cidadá permitiu localizar a embarcación

G24.gal 08/01/2022 11:25

Axentes da Garda Civil nunha operación conxunta con Vixilancia Aduaneira incautáronse o 31 de decembro na costa de Tenerife de 46 fardos que contiñan 1.640 quilos de haxix. Houbo tres persoas detidas.

A colaboración cidadá, por medio dun aviso sobre a presenza dunha embarcación sospeitosa moi próxima á costa de Tenerife, permitiu a aprehensión da droga.

Un helicóptero da Garda Civil canda especialistas do grupo de mergulladores e co apoio dun barco de Vixilancia Aduaneira lograron interceptar unha lancha lixeira pneumática a unhas 15 millas da illa.

Os ocupantes da embarcación intentaron fuxir pero cando se viron rodeados comezaron a guindar ao mar varios dos paquetes coa droga que transportaban. Os axentes lograron interceptar a lancha e deter os tres ocupantes, dous homes de 36 e 32 anos e un menor de 16, os tres de nacionalidade marroquí. Están acusados dun delito de tráfico de drogas.

O operativo puido localizar e recoller os fardos lanzados pola borda. Os arrestados xa pasaron a disposición xudicial en Tenerife.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade