Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como facer as maletas para aproveitar espazo e viaxar con menos peso

Como facer as maletas para aproveitar espazo e viaxar con menos peso

Facer a equipaxe para viaxar en avión require máis esforzo e organización

G24.gal 21/06/2024 21:47 Última actualización 22/06/2024 09:05

Chega a temporada de vacacións e para quen ten previsto viaxar preparar a maleta pode converterse nun pesadelo. 

Cando se viaxa en avión é máis traballoso facer ben a equipaxe. Hai que axustar o espazo ao máximo. Iso si, tendo en conta destino e duración.

"Ata dous ou tres días debería chegarnos cunha maletiña pequena ou cunha mochila. E ata sete días válenos cunha maleta de cabina", explica Paloma Pou (@simplesientabien). 

Paloma é organizadora profesional. O seu primeiro consello é viaxar cunha maleta por persoa. E logo seleccionar que queremos levar.

"Temos que esquecer os por se cadra e imos reducir de todo o que separemos un terzo ou a metade. Seguro que así imos levar só o que precisamos e imos viaxar máis lixeiros. Tamén sería interesante levar posto o que máis ocupa e o que máis pesa", engade.

Seguidamente hai que colocar con orde todo no interior da maleta.

"O ideal é unha maleta de cabina ríxida que se poida dividir en dúas partes. Unha parte imos destinala á roupa - pantalóns, camisetas, roupa interior, calcetíns, traxes de baño...- E no outro lado poñeremos os accesorios -neceser, toalla, pareo, calzado...-".

Unha vez feita é o momento de dispoñerse, agora si, a gozar da viaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade