Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así se adestra a extinción de incendios que ameazan vivendas e vías de comunicación

Así se adestra a extinción de incendios que ameazan vivendas e vías de comunicación

Máis de 3.000 efectivos forman parte do dispositivo de Medio Rural

En Valga fíxose un simulacro de coordinación entre os servizos de emerxencias, de asistencia sanitaria e os diferentes corpos de seguridade

G24.gal 10/06/2024 14:46

O obxectivo é ter o sistema ben engraxado ante a inminente chegada da temporada de incendios. 3.000 persoas, 300 brigadas, 157 motobombas están preparados para a campaña de verán. E cando a situación o require únense a eles outros servizos de emerxencias, de asistencia sanitaria, ou diferentes corpos de seguridade. Este luns en Valga fíxose un simulacro de coordinación de todos eles.

Os técnicos de Medio Rural fan seguimento grazas ás cámaras despregadas polo territorio. Usan técnicas propias do exército, como bancos de area, onde reproducen a partir das marcas topográficas a zona do incendio que se atende de xeito sectorizado. Sobre o terreo explican como empregan a tecnoloxía para prever o avance o lume. 

"Ensaiamos un incendio é situación 2, que desgraciadamente é moi habitual en Galicia", dixo Santiago Villanueva, o director xeral de Emerxencias.

Cando o lume é situación 2, ameza zonas habitadas, ou vías de comunicación, neste caso serian hipoteticamente dúas aldeas e unha autoestrada, reúnese o posto de mando avanzado, cos responsables dos distintos corpos operativos. 

Os drons ofrecen imaxes en tempo real e, unha vez controlado o lume, detectan con infravermellos focos de calor onde poderían reavivarse as lapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade