Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como se viviu o afundimento do Prestige na confraría de Muxía hai 20 anos

Como se viviu o afundimento do Prestige na confraría de Muxía hai 20 anos

Gardan o bo recordo da solidariedade do voluntariado

Critican a xestión do accidente marítimo e cren que os medios de hoxe en día non abondan en caso dun novo accidente

Xabier Sar, patrón maior da confraría de Muxía en 2002 e Nacho Castro, xerente, recordan a crise do Prestige
G24.gal 13/11/2022 15:04 Última actualización 13/11/2022 15:23

En Muxía, "a zona cero", tal día coma hoxe, cando o Prestige enviaba o primeiro sinal de auxilio, non imaxinaban aínda o que estaba por chegar.  Estivemos con Xabier Sar e con Nacho Castro, que estaban á fronte da confraría hai 20 anos.

Xabier era o patrón maior e volvía do mar cando se atopou, por primeira vez, coa marea negra que aínda non chegara a terra. Nacho era o xerente e a el tocoulle improvisar para xestionar outra marea, a branca, a dos 163.000 voluntarios que pasaron por Muxía.  Así o relata.

O 13 aparece o barco fronte ás nosas vidas. A dúas millas e media. O 15 nós recibimos o primeiro impacto e xa nos damos conta de que o que se nos vén enriba é problemático... moi problemático. 

Xabier insiste en que o problema foi a xestión política.

O problema foi a xestión de minimizar a contaminación. Foi totalmente contrario ao que se debera facer. O barco xa ía mar a fóra non, que pasa, que o barco chegou a un momento en que chegou ao límite de augas francesas e os franceses preguntaron 'a onde ía o barco?' Entón emendaron o rumbo e puxéronlle rumbo de suroeste outra vez. Claro o barco ía chegar a augas portuguesas. Os portugueses saíron cunha fragata e preguntaron 'a onde ía o barco?' A volver emendar o rumbo. Menos mal que o barco se afundiu porque chegaría ás Américas!

Nacho Castro insiste en que o verdadeiramente importante foron as persoas, o voluntariado que chegou a Muxía e ao resto da costa. 

Aquilo era unha pelexa de titáns. Era a pelexa de David contra Goliat. Foi tremendo. Ademais, a incerteza. Chegabas a unha zona de litoral limpabas e ao día seguinte estaba nas mesmas condicións. 

Xabier insiste en que se avanzou na lexislación internacional para evitar os riscos ambientais pero que facerlle fronte a un accidente deste tipo require uns medios que dubida que hoxe haxa.

A día de hoxe despois de 20 anos non se volveu baixar á zona do Prestige. Non sabemos como está iso. Supostamente nós pensamos que aqueles "hilillos de plastilina en estiramiento vertical" que pararan. Todo o que vai ao mar volve á terra. Como levamos tantos anos sen ver nada estraño, esperamos que no barco xa non haxa nada. Pero en caso de que haxa outro accidente, que medios temos mellor ca antes? Non o sei. Dubido de que teñamos algún medio mellor ca antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar