Compiten en Ourense por facer a mellor hamburguesa de Galicia
Compiten en Ourense por facer a mellor hamburguesa de Galicia
Seis restaurantes participan no concurso, dentro do Salón Xantar
Prémiase o sabor, a innovación, a capacidade de improvisación e o produto empregado
Mexillóns, chourizo crioulo ou flocos de millo... son cousas que nunca agardamos ver nunha hamburguesa. Pero o certo é que cada vez son máis variados os ingredientes, de máis calidade e máis mesturados. Porque así o demandan os clientes.
"A xente pode aceptar calquera hamburguesa nunha cadea americana, pero nós temos que facer outras cousas.", di o cociñeiro Enrique Tejada
"A todos nos gustan as hamburguesas. E agora somos máis esixentes dende o punto de vista cultural e gastronómico.", Diego Domínguez, outro dos competidores
Seis restaurantes participaron no primeiro torneo para escoller a mellor burguer galega. O xurado ten unha elección difícil, xa que todas elas coidaron ao máximo cada ingrediente e cada paso da elaboración. E iso que traballaron contra o reloxo.
"A estética, a mestura de sabores, a capacidade para innovar... hai varios parámetros", explica Juan Carlos Cortés, do xurado
A carne de vacún segue a ser o principal reclamo da hamburguesa pero os consumidores atenden tamén aos prebes e acompañamentos e, sobre todo, ao tipo de pan e como está feito.
"O noso pan está feito con 'brioche' de pataca. A xente mira moito iso.", aclara Adrián Santalices, cociñeiro.
Durante a cerimonia de clausura de Xantar coñeceranse os gañadores deste e doutros concursos que tivo o evento.