Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía aconsella sobre como evitar roubos e calotes, tanto na Rede como na rúa

A Policía aconsella sobre como evitar roubos e calotes, tanto na Rede como na rúa

Os máis habituais prodúcense a través de Internet ou do teléfono móbil

As manobras de distracción son as ferramentas utilizadas para os calotes presenciais

G24.gal 31/05/2024 15:17 Última actualización 31/05/2024 19:14

En calquera momento podemos estar en risco. Ninguén está libre dos calotes e furtos que poden ter consecuencias nada desexadas. Nos últimos tempos os máis habituais son os que se producen a través de Internet ou do teléfono móbil. Con todo os presenciais poden sorprendernos en calquera momento.

O inspector César Ramos e voceiro da Policía Nacional advirte de que os máis comúns son cando te paran na rúa, coa escusa dun mapa, ou incluso para darche unha aperta. Son manobras de distracción para as que cómpre ter sobre todo sentido común, en eventos de moita xente, como por exemplo, o festival O Son do Camiño, que se celebra estes días en Compostela.

Di o inspector que cómpre estar moi atentos "aos empurróns, que moitas veces son empregados para furtar os nosos efectos, é moi importante non levar moitos cartos, de levalos mellor en petos de bolsas que se leven cara diante".

Engade ademais que se estamos gozando da noite nunha terraza nunca deixar os bolsos colgados na cadeira e se estamos de viaxe non perder de vista as pertenzas nos transportes ou mesmo no vestíbulo dos hoteis. 

A estes consellos súmanselle os de nunca dar datos persoais por teléfono ou na Rede. Saber protexernos diminúe considerablemente as posibilidades de que sexamos vítimas de furtos, roubos e calotes. Se aínda así caemos nun deles, lembra o Corpo Nacional de Policía que chamemos axiña ao 091.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade