Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concentración en Marín para pedir que se retome a busca dos desaparecidos

Concentración en Marín para pedir que se retome a busca dos desaparecidos

Pedro Sánchez entrevistarase coas familias este luns en Santiago

A veciñanza arroupou as familias dos mariñeiros na Alameda de Marín
G24.gal 20/02/2022 13:43 Última actualización 21:00

As familias continúan mobilizándose para reclamar que se retome a busca dos doce mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do Villa de Pitanxo, a metade da tripulación. Este domingo, arroupados pola veciñanza, concentráronse na Alameda de Marín.

Saben que non hai máis sobreviventes do afundimento, pero queren recuperar os corpos e traelos de volta á casa para poder enterralos. Lembran que cada día que pasa será máis difícil atopalos.

Lucía de Pazo, filla do xefe de máquinas, pensa que as autoridades do Canadá utilizan o mal tempo como escusa. Asegura que este domingo falou con pesqueiros que traballan na zona e contáronlle que o tempo mellorou. Insiste en que España tamén se debe implicar na busca.

Entrevista con Pedro Sánchez

Este luns, Pedro Sánchez vai manter un encontro coas familias en Santiago. O Presidente do Goberno viaxa a Galicia para recibir o avión cos mariñeiros repatriados dende Terra Nova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade