Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concerto solidario coas persoas afectadas polas explosións en Ucraína

Concerto solidario coas persoas afectadas polas explosións en Ucraína

Os cartos recadados empregaranse na compra de audiófonos

G24.gal 04/06/2023 22:45

Santiago acolleu este domingo un concerto solidario con Ucraína. Os fondos recadados vanse destinar a un proxecto de compra de audiófonos para persoas afectadas polas explosións. 

Solimiia Savchuk chegou a Galicia como refuxiada hai nove meses fuxindo do terror da guerra. A súa voz, acompañada da súa bandura, un instrumento que trouxo dende Ucraína, resoa na igrexa de San Paio de Antealtares nun emotivo recital a favor das vítimas da guerra.

"A bandura é un instrumento tradicional ucraíno e ten 65 cordas e é un instrumento moi antigo".

Na actuación estivo acompañada por Paulina, unha cantante polaca residente en Santiago que foi a impulsora deste concerto solidario. 

"É para a asociación AGA Ucraína para comprar os audiófonos para a xente que perdeu o oído por mor da guerra, por estouparen as minas".

Á recadación do concerto sumaranse os 77.000 euros que xa reuniu a Asociación de Axuda Para Ucraína e que permitiron comprar 160 audiófonos, pero a música tamén é alento para o publico.

"A música tamén é vida, porque entre o publico hai moitos refuxiados que teñen que seguir vivindo e algo tan bonito eu creo que os vai axudar", asegura Mansha Pavlenko, presidenta de AGA Ucraína.

En Galicia residen uns dous mil refuxiados ucraínos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade