Concurso de tapas en Lugo, un dos máis antigos de Galicia
Ata o vindeiro domingo poden gozar dos manxares que ofrece esta iniciativa gastronómica
Volven os concursos de tapas, e estes días celébrase en Lugo un dos máis antigos de Galicia en que participan 38 establecementos da cidade e que está a contar cunha elevada afluencia de público.
Se botamos unha ollada á carta a verdade é que é difícil elixir por onde empezar. Atopamos propostas para todos os gustos.
Algunhas con produtos típicos, como por exemplo as vieiras, o polbo ou a tenreira galega, pero cunhas elaboracións totalmente diferentes ás tradicionais.
Fondo de patacas, ovo, cebola, pementa e espeto de polbo aderezado. É unha das propostas que deste concurso de tapas de Lugo. Temos ata 38 onde elixir, moitas delas con protagonismo dos produtos da terra.
En moitos casos, mesturan sabores propios da nosa terra con outros procedentes da gastronomía americana ou da asiática.
Ata o vindeiro domingo poden gozar dos manxares que ofrece este concurso de tapas, que foi dos primeiros en organizarse en Galicia e que fai xa 16 edicións.