Condenado a 13 anos de prisión por acoitelar mortalmente un home en Santiago
Condenado a 13 anos de prisión por acoitelar mortalmente un home en Santiago
Ao irmán do autor do crime impóñenlle unha pena de 5 anos de cadea
O suceso ocorreu ás portas dunha pub en xaneiro de 2023
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 13 anos e medio de cárcere ao mozo que matou en xaneiro de 2023 a un home ás portas do club La Grandota, en Santiago de Compostela, e a cinco anos de cárcere ao seu irmán, que colaborou na liorta suxeitando á vítima.
Así, de acordo co veredicto do tribunal de xurado, a sala imponlle a pena ao primeiro dos acusados como autor dun delito de homicidio, mentres que ao seu irmán atribúelle un delito de lesións dolosas en concurso cun delito de homicidio imprudente.
A Audiencia tamén os condenou ao pago dunha indemnización de 290.000 euros á parella e ao fillo do falecido. Os irmáns Víctor e Michael Delgado Holguín, mantiveron unha pelexa ás portas do pub La Grandota con Gregory Furcal, de 31 anos, o 2 de xaneiro de 2023.
No transcurso da mesma, Víctor apuñalou polo menos en 3 ocasións á vítima, mentres que o seu irmán golpeábao e suxeitábao no chan. Unha das lesións seccionoulle a arteria femoral, o que provocou a súa morte uns días despois no Hospital Clínico de Santiago.