Cargando resultados...
Condenan o alcalde de Pol por agredir un mozo durante un partido
Condenan o alcalde de Pol por agredir un mozo durante un partido
Multa de 540 euros por un delito de lesións
G24.gal
14/10/2022 14:37
Un xulgado de Lugo acaba de condenar o alcalde de Pol por agredir nun partido de fútbol un afeccionado do Portomarín.
A sentenza considera probado que Lino Rodríguez agarrou o mozo polo pescozo e forcexou con el. Por este delito de lesións imponlle unha multa de 540 euros. Tamén deberá indemnizar con outros 120 euros a vítima.