Condenan O Chucán a sete anos de prisión por tratar de matar un compañeiro
Condenan O Chucán a sete anos de prisión por tratar de matar un compañeiro
A Audiencia de Lugo considerou probado que tiña intención “de ocasionarlle a morte” cando lle cravou a arma branca
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a sete anos de cárcere, como autor dun delito tentado de homicidio, a José Carnero, coñecido como O Chucán, por atacar outro cun coitelo nun centro de asistencia social de Baralla onde residía en 2021.
O tribunal considera probado que tiña intención “de ocasionarlle a morte” cando lle cravou a arma branca á vítima no seu costado esquerdo e, a continuación, tentou asestarlle unha nova coitelada na zona do tórax, a cal ingresou, segundo o tribunal, “moi pouco no corpo do afectado”.
O Chucán, estivera en prisión pola súa autoría do crime de Sober, ocorrido en 2007. Tras cumprir seis anos de condena polo asasinato dunha muller, en 2019 ingresou nunha residencia, onde sucederon os feitos polos que agora foi condenado.