Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan un home a 24 anos de cadea por violar a súa filla desde que tiña 5 anos

Condenan un home a 24 anos de cadea por violar a súa filla desde que tiña 5 anos

O acusado tamén agrediu sexualmente a súa muller e exerceu sobre ela violencia psíquica 

G24.gal 12/07/2022 16:40

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 24 anos de cárcere un hombre por violar de xeito continuado a súa filla desde que tiña cinco anos ata que o denunciou, con case 17.

Tamén está acusado de agredir sexualmente a súa muller e exercer violencia psíquica habitual sobre ela desde que casaron en 1990 ata 2019. 

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ademais de 15 anos de prisión por cometer un delito continuado de agresión sexual sobre unha menor de idade con prevalimento de relación de parentesco, impónselle a prohibición de comunicarse e aproximarse á súa filla por un tempo de 10 anos superior á duración da pena de prisión imposta, así como o pago dunha indemnización de 50.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade