Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conducía co permiso retirado e cuadriplicando a taxa de alcol permitida

Conducía co permiso retirado e cuadriplicando a taxa de alcol permitida

Condenárono a 4 meses de prisión e dous anos de retirada do carné, ademais de requisarlle o vehículo  

G24.gal 30/12/2021 12:11

A Garda Civil de Tráfico de Ourense interceptou un condutor que circulaba cuadruplicando a taxa de alcol permitida e co permiso de conducir retirado ata 2025. 

Foi un axente, fóra de servizo, o que se decatou de que collía o coche sen estar en condicións e que conducía zigzagueando. Seguiuno para alertar os outros condutores e evitar un posible accidente, ao tempo que avisaba os compañeiros de garda, que o interceptaron nesta estrada.

Tras un xuízo rápido foi condenado a 4 meses de prisión e máis de dous anos de retirada do carné, ademais de ser comisado o vehículo que conducía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade