Coñecer aves silvestres de todo o mundo é outra opción para a Semana Santa en Galicia
Coñecer aves silvestres de todo o mundo é outra opción para a Semana Santa en Galicia
O centro conta con 200 especies criadas en máis de 30.000 metros cadrados
Levan 40 anos acollendo aves chegadas dos cinco continentes
O casuario, unha rarísima ave de Nova Guinea, é o exemplar máis destacado de Avifauna, onde convive con outras 200 especies chegadas dende os cinco continentes.
Neste antiga canteira de 30.000 metros cadrados Antonio Ibáñez leva 40 anos creando o hábitat ideal para a cría de aves silvestres. Visitar os animais e a súa contorna é unha opción naturista e alternativa para esta semana santa, pensada especialmente para as familias. O ibis vermello ou os tradicionais flamencos son outros dos atractivos.
O centro conta tamén cun museo onde se explica todo o que ten que ver coas aves. Dende a súa evolución directa dos dinosauros ata as técnicas de voo ou os diferentes tipos e formas de ovos. Incluso se aclara o vello dilema de se foi antes o ovo ou a galiña. O obxectivo é que os visitantes poidan coñecer un pouco máis a fondo as aves que van contemplar.
O centro atópase a só vinte minutos da cidade de Lugo, polo que pode ser unha boa opción para os turistas que estean a gozar dalgunha das semanas santas da provincia.