Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vieites (CEG): "O desenvolvemento do noroeste está ligado ao corredor atlántico"

Vieites (CEG): "O desenvolvemento do noroeste está ligado ao corredor atlántico"

Aspírase a triplicar o volume de mercadorías mobilizadas por tren

Os traballos do corredor poderían crear máis de 6.200 empregos 

G24.gal 29/01/2023 14:10 Última actualización 29/01/2023 14:34

O desenvolvemento económico do noroeste do país e o incremento da súa competitividade están moi ligados ao corredor atlántico, así o aseveran desde a Confederación de Empresarios de Galicia. Piden unidade entre empresarios e as administracións implicadas para sacar adiante este proxecto.

"Temos que incrementar o PIB ata os 10.300 millóns de euros aproximadamente, é do que estamos a falar, do que podería suceder con ese incremento das mercadorías do 7 % ata o 20,4 % de toneladas/ano. Teriamos un emprego de máis de 6.200 postos de traballo por ano durante a fase de execución do propio proxecto", di Xoán Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Indican que os fondos europeos son unha oportunidade para darlle un impulso a esta rede ferroviaria de mercadorías, cun investimento de máis de 7.800 millóns de euros.

"Temos que estar unidos non só coa meseta senón tamén coa UE e aí temos que facer entre todos a reflexión e a análise de que é o momento de que o corredor atlántico se poña en funcionamento a través do plan director. Penso que o propio Ministerio entende que é un proxecto común de mercadorías no que Galicia ten que saír moi beneficiada", engade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade