Confirman a pena de 14 anos e medio de prisión por matar e queimar un veciño de Toques
Confirman a pena de 14 anos e medio de prisión por matar e queimar un veciño de Toques
A defensa do home recorrera a sentenza alegando vulneración da presunción de inocencia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza de 14 anos e medio de prisión a un home condenado por matar e queimar un veciño do municipio coruñés de Toques en 2019.
De acordo ao veredicto do tribunal do xurado, a Audiencia Provincial da Coruña impuxéralle doce anos de cárcere por un delito de homicidio e outros dous anos e medio por un delito de danos.
Os maxistrados do alto tribunal galego destacan na sentenza que hai "proba suficiente" con "carácter incriminatorio" para determinar a condena.
Engade que a proba de culpabilidade foi obtida con "respecto das garantías do dereito de defensa" e avaliada de maneira "racional" polo tribunal do xurado.
A defensa do home recorrera a sentenza alegando que houbo quebrantamento de normas esenciais e vulneración da presunción de inocencia, algo que foi rexeitado polo TSXG.