Confrarías da Costa da Morte buscan declarar a actividade percebeira como patrimonio inmaterial da UNESCO
Confrarías da Costa da Morte buscan declarar a actividade percebeira como patrimonio inmaterial da UNESCO
Confrarías da Costa da Morte buscan declarar a actividade percebeira como patrimonio inmaterial da UNESCO
A iniciativa xorde co apoio de seis confrarías, a de Muxía, Camelle, Laxe, Corme, Malpica e Caión
O primeiro paso é que se recoñeza Ben de Interese Cultural en Galicia
A iniciativa xorde co apoio de seis confrarías, a de Muxía, Camelle, Laxe, Corme, Malpica e Caión. Pero non queren quedar só na Costa da Morte, queren estenderse ao resto de Galicia e mesmo chegar fóra das nosas fronteiras onde tamén hai actividade percebeira, como Francia ou Portugal.
O primeiro paso é que se recoñeza ben de interese cultural en Galicia, despois terá que ter un recoñecemento a nivel do Estado para poder optar a ser recoñecido como patrimonio cultural inmaterial da UNESCO. Este recoñecemento quere preservar tanto tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antergos e transmitidas aos descendentes.
Roberto Vidal Pombo, presidente da Agrupación de Percebeiros e Percebeiras de Corme: "Cremos que somos un oficio que o merece, un oficio respectuoso, perigoso e que vai a menos en Galicia, a xente nova vaise para outros traballos".
Santiago Pérez Haz, membro da directiva da Agrupación de Percebeiros e Percebeiras de Muxía: "Meu avó ía aos percebes como imos nos. Non tiñan coches, non tiñan neoprenos, pero había que baixar polo mesmo sitio. Nós temos esa herdanza, hai unha cultura, porque aquí todas as pedras teñen nome. Case se adoraban as pedras. Ías a unha que era a que che daba de comer ese mes".
Víctor Manuel Rodríguez Buiturón, vicepatrón maior da Confraría de Fisterra e Percebeiro: "É recoñecer unha tradición de nosos avós, bisavós, porque o 90 por cento da xente que é percebeira en Galicia é nosos pais que andaron a el, e que recoñeza que é unha profesión arriscada".
Pretenden poñer en valor ou traballo deste gremio como parte da cultura e da tradición de toda a Costa da Morte, onde xa é parte da identidade de moitas vilas e recoñecida mesmo fóra das nosas fronteiras.
Están buscando a axuda dos concellos da Costa da Morte para apoiar a iniciativa e xa teñen o si nas vilas de onde sae esta iniciativa, Fisterra e da asociación de hostalaría APTCM, que conta con máis de 80 socios.
Tamén queren aproveitar este pulo para poñer a andar una asociación que aglutine todas a agrupacións galegas de percebeiros e percebeiras, que, ademais de apoiar a declaración simbólica da UNESCO sirva para solucionar varios dos problemas que sofren no seu traballo diario.