Publicador de contidos
Publicador de contidos

O futuro do turismo termal, a debate en Ourense

O futuro do turismo termal, a debate en Ourense

Douscentos cincuenta expertos de 22 países debaten sobre o futuro do turismo de saúde

G24.gal 28/09/2022 21:31 Última actualización 28/09/2022 23:41

Arredor de 250 profesionais de 22 países participan no congreso, organizado pola asociación europea de cidades con patrimonio histórico termal.

Deixaron este mércores as mesas redondas e as conferencias para trasladarse a unha das mellores instalacións termais ao aire libre da cidade.

Recibiron cadansúa bata como integrantes dun club creado en Francia por amigos dos centros termais. 

O obxectivo é a posta en común de estratexias e iniciativas que fomenten o termalismo como destino prioritario no turismo de saúde.

Galicia, que ten o 20 por cento da oferta termal de España, amósase como exemplo para outras latitudes.

O congreso inclúe a inauguración este xoves da feira Termatalia, que chega á súa vixésima edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade