Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conseguen liberar un bebé que atrapara os dedos nun vertedoiro en Foz

Conseguen liberar un bebé que atrapara os dedos nun vertedoiro en Foz

Metera a man no desaugadoiro e os bombeiros tiveron que usar unha radial

Imaxe dos Bombeiros de Barreiros Imaxe dos Bombeiros de Barreiros
G24.gal 26/05/2024 17:48 Última actualización 26/05/2024 18:53

Unha meniña de once meses quedou atrapada no vertedoiro da cociña nunha vivenda en Foz. Meteu a man polo desaugadoiro e logo non foi quen de sacala. Para liberala foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Barreiros.

Ocorreu pouco antes do mediodía deste domingo na Avenida de Asturias. Os bombeiros tiveron que usar unha radial de pequeno tamaño para poder ceibarlle os dedos.

Primeiro cortaron un anaco de vertedoiro, pero para retirarlle os dedos do desaugadoiro foi necesario trasladala ao hospital da Mariña, en Burela. Alí sedárona e puideron facer un corte máis preciso sen asustala. Ao final, todo quedou nun susto.

Imaxe dos Bombeiros de Barreiros Imaxe dos Bombeiros de Barreiros
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade