Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consellos básicos para evitar estafas nos alugueiros turísticos

Consellos básicos para evitar estafas nos alugueiros turísticos

A policía recomenda non saír en ningún momento das canles comerciais

G24.gal 22/06/2022 14:27

A comodidade de poder reservar a distancia unha vivenda para un alugueiro vacacional non está exenta de riscos. A dificultade, ás veces, de non poder achegarse ao lugar ou contactar directa ou telefonicamente co propietario fai máis sinxela a posibilidade de fraudes.

A Policía Nacional e algunhas das principais plataformas de alugueiros turísticos e asociacións de protección do comercio electrónico para usuarios de Internet queren evitar desgustos habituais aos arrendatarios. Para iso, para detectar posibles fraudes, recomendan sobre todo ter coidado con enlaces sospeitosos, desconfiar das ofertas excesivamente atractivas e comunicarse e pagar sempre dentro da plataforma correspondente.

Para evitar as estafas hai varias regras básicas, a principal, segundo o Xefe de Grupo de Investigacións Tecnolóxicas da Policía Nacional na Coruña, Santiago Reboiras, é "non saír da canle comercial prevista coas medidas de seguridade axeitadas, aceptar falar, por exemplo, a través de WhatsApp en vez de Airbnb ou aceptar rebaixas por alugar fóra da canle oficial".

No primeiro trimestre deste 2022 a recuperación dos alugueiros vacacionais supera xa os niveis de 2019 previos á crise sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade