Conta atrás en Lugo para o inicio do xuízo polo dobre crime do Ceao
Conta atrás en Lugo para o inicio do xuízo polo dobre crime do Ceao
Piden 28 anos de cadea para o único acusado, Manuel Juan Vilariño
Prevese que, ao longo de cinco días, declaren unhas 40 testemuñas na Audiencia Provincial
En abril de 1994 morrían asasinados Elena López e Esteban Carballido, dous traballadores do Cash Record de Lugo. 29 anos despois, o vindeiro 6 de febreiro, vai sentar no banco dos acusados Manuel Juan Vilariño, o único procesado polo dobre crime do Ceao.
A acusación pide unhas penas que suman 28 anos de cadea.
Gerardo Pardo de Vera, avogado da acusación particular: "A acusación particular, que é a única, acusa de dous asasinatos, dous roubos con violencia e tenza ilícita de armas. A Fiscalía entende que non indicios dabondo, pero a Audiencia si estimou que os había".
O do crime do Ceao é o proceso aberto máis antigo en todo o ámbito estatal. Neste sentido, tiveron un papel esencial as familias das vítimas, que en ningún momento desistiron no seu empeño de que se fixera xustiza.
Isabel López, irmá dunha das vítimas: "Sentar no banco o imputado, que foi polo que loitamos, é algo que logramos. Como o que queremos é saber que pasou e quen foi, conseguiremos que se saiban moita cousas".
Avelina Sánchez, cuñada dunha das vítimas: "Cando ías á comisaría, dicíanche que se estaba investigando. Tras uns anos, chegamos á conclusión de que non querían traballar no caso, polo que nos puxemos de acordo para facer forza e chegar ao momento actual".
Prevese que, ao longo de 5 días, declaren unhas 40 testemuñas na Audiencia Provincial de Lugo.