Conta atrás para xulgar un australiano acusado de máis de 400 delitos de pederastia e pedofilia
Conta atrás para xulgar un australiano acusado de máis de 400 delitos de pederastia e pedofilia
Varias denuncias de abusos sexuais a menores iniciaron a investigación
Agochaba 3,8 millóns de vídeos e imaxes de explotación infantil
Un australiano de 47 anos, residente na cidade de Perth, vai ser xulgado a semana que vén acusado de máis de 400 delitos de pederastia cometidos entre os anos 2015 e 2021, por gravar, abusar sexualmente e violar 24 menores de menos de 13 anos, e tamén de pedofilia por posuír material de explotación infantil.
A policía informou de que encontrou uns 3,8 millóns de vídeos e imaxes de explotación infantil en múltiples dispositivos do acusado. Algunhas amosaban, ao parecer, os seus propios abusos.
Entre os 413 cargos que afronta inclúense 44 pola penetración dun menor de menos de 13 anos, 98 por grabar indecentemente un menor de menos de 13 anos e 240 polo trato indecente dun menor de menos de 13 anos, entroutras acusacións.
A investigación policial que comezou en xullo de 2021 tras varias denuncias de presuntos abusos sexuais a nenos e nenas, é segundo a policía, "unha das máis importantes sobre abusos a menores levadas a cabo en Australia Occidental, pola gran cantidade de imaxes e as numerosas vítimas".