Nove detidos, un na Coruña, por posesión e distribución de pornografía infantil
Nove detidos, un na Coruña, por posesión e distribución de pornografía infantil
A Policía Nacional salienta a curta idade das persoas detidas, dous deles menores de idade
A Policía Nacional detivo nove persoas en Cádiz (4), Barcelona (3), Madrid (1) e A Coruña (1) por posesión e distribución de pornografía infantil a través de Internet.
As persoas detidas son de idades inferiores ás doutras actuacións similares, detendo neste caso dous individuos menores de 18 anos de idade, informan fontes policiais nun comunicado.
A investigación iniciouse grazas ás canles de colaboración internacional que canalizaron as denuncias formuladas polo Centro Nacional de Nenos Desaparecidos e Explotados (NCMEC polas súas siglas en inglés).
A operación iniciouse grazas as canles de colaboración policial internacional que situaban en España a varios individuos que compartían contidos de pornografía infantil a través dunha aplicación de mensaxería instantánea.
A información, neste caso, proviña dos acordos existentes entre a Policía Nacional e a Embaixada dos Estados Unidos en España, que actuou de ligazón para facilitar diversas denuncias formuladas polo NCMEC.
Axentes especializados da Unidade Central de Ciberdelincuencia analizaron estas informacións para identificar os individuos que estarían detrás destas denuncias.
As xestións realizadas deron como resultado a localización de nove individuos e levaron a cabo rexistros nos domicilios dos arrestados nos que se incautaron tres ordenadores portátiles, cinco teléfonos móbiles, dúas tabletas, seis discos duros externos, tres discos duros internos, cinco dispositivos de almacenamento tipo lapis de memoria e un ordenador de sobremesa.