Continúa a busca de persoas entre os coches esmagados en Paiporta
Continúa a busca de persoas entre os coches esmagados en Paiporta
O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil tenta acceder aos vehículos cubertos de lama
Axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) continúan coa busca de persoas desaparecidas na localidade de Paiporta, onde tentan acceder aos coches que acabaron dentro dos buracos abertos para construír novos edificios na zona nova do pobo.
Acompañados por axentes da Unidade Militar de Emerxencias (UME), percorren os fosos das diferentes construcións que había en marcha, onde se acumularon decenas de vehículos e furgonetas.
Tras descender collidos por cordas, axudados de pancas e aixadas, os axentes avanzan entre o barro e abren as xanelas dos vehículos para comprobar se hai cadáveres dentro.
Neste localidade valenciana, tamén segue a procura en aparcamentos de grandes comercios aos que aínda non se accedeu por estar completamente asolagados.