A Garda Civil regresa á vivenda do home desaparecido en Culleredo á busca de pistas
A Garda Civil regresa á vivenda do home desaparecido en Culleredo á busca de pistas
Os investigadores manteñen abertas todas as hipóteses
Atopan sangue en varias estancias da casa e un cartucho de bala baleiro
Este venres, cando se cumpren sete días da desaparición de Javier Iglesias, de 50 anos, axentes da Policía Xudicial da Garda Civil volveron á súa vivenda de Orro, en Culleredo, á procura de novas pegadas que axuden a resolver todas as incógnitas.
Os axentes que se desprazaron á casa do home desaparecido atoparon sangue en varias estancias con probas dabondo de que intentaran limpalas con lixivia. Tamén un cartucho de bala baleiro, malia que fontes próximas á investigación precisaron que era afeccionado ás armas.
Hai días, a Garda Civil detectou o coche de Javier Iglesias conducido por outra persoa. Os axentes xa localizaron ese condutor e tomáronlle declaración. Contou que eran amigos e que Javier lle prestara o vehículo.
Así que, polo momento, non atoparon ningún indicio para prendelo nin que o relacione coa desaparición. Os investigadores manteñen abertas todas as hipóteses.