Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca do patrón galego desaparecido fronte ás costas de Panamá

Continúa a busca do patrón galego desaparecido fronte ás costas de Panamá

Varios barcos tentan localizalo na zona onde se lle perdeu a pista a bordo do Cosmos

Veciño de Porto do Son, ía coller un avión para regresar á casa e comezar as vacacións

 

O "Cosmos" regresaba a porto. Foto: Gustavo Moreira/MarineTraffic.com
G24.gal 09/07/2023 08:14 Última actualización 09/07/2023 08:58

Un patrón de pesca de 48 anos, veciño de Porto do Son, desapareceu en augas do Pacífico, fronte ás costas de Panamá.

"Levaba moitos anos embarcado. Sempre pode pasar un accidente, ás veces hai exceso de confianza, ou por un golpe de mar, un esvarón...", asegura Luís Oujo, alcalde da vila.

Era un dos dezanove tripulantes do Cosmos, un barco de bandeira ecuatoriana, propiedade da armadora Gude, de Ribeira, dedicado á captura de peixe espada. Dirixíase a terra para descargar cando botaron en falta o patrón.

"El viña facendo a garda e no cambio, o rapaz que o ía remudar chegou á ponte e non o atopou. Xa deron a voz de alarma. Non se sabe como desapareceu, se saíu fóra", explica Emilio Queiruga, patrón maior de Porto do Son.

Varios barcos están na zona da desaparición, na busca do mariñeiro. Era o único que ía coller un avión para volver a Galicia de vacacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade